Novas

Axudas a particulares para corrección de impactos paisaxísticos

A presente nova ten por obexecto informar da nova convocatoria de axudas a particulares da Xunta de Galicia para a CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS (MT402A).

A axuda cobre o 70% do investimento a realizar, cun máximo de 3.000 € por solicitude, polo que o veciño que desexe obter esa cantidade máxima deberá realizar un proxecto de 4.285,71 €, dos cales deberá aportar 1.285,71 €.

Trátase dunha oportunidade única para pequenos arranxos que poderán cambiar por completo a imaxe do pobo. Pódense arranxar fachadas (revestimento e pintura con cores que respecten a contorna), tellados (substituír materiais non axeitados, como o fibrocemento ou chapas, por tella ou materiais tradicionais), muros e peches (rematar eses muros de bloque que quedaron sen cubrir con pedra ou revestimento adecuado)… ou facer unha limpeza visual (retirar elementos vellos que afeen a vivenda, como antenas en desuso ou cables).

As axudas concédense por orde de entrada ata esgotar o orzamento, polo que se recomenda realizar a solicitude o antes posible. O prazo comeza o vindeiro venres, 16 de xaneiro de 2026, ás 12:00 horas, e remata o día 16 de febreiro.

Para poder solicitar correctamente a axuda, requírese ser propietario ou usufrutuario do inmoble ou terreo, presentar a solicitude por vía electrónica (é preciso Chave365 ou certificado dixital), acreditar a actuación con fotos do estado actual e realizar unha memoria sinxela co orzamento.

En caso de dúbida sobre como tramitar a axuda ou presentar a documentación, ofrecerase apoio dende o Concello de Beade.

Adxúntase a orde da convocatoria en pdf: Impactos paisaxísticos 2026 particulares

Viaxe a Pazolandia

O vindeiro día 2 de xaneiro de 2026, con motivo da celebración de Pazolandia, desprazarémonos a Ourense, como en anos anteriores, para asistir á mesma. O autobús sairá ás 10:00 horas dende a parada de Beade.

Todos os que queiran asistir deberán anotarse na oficina do Concello ou ben no teléfono 988 48 00 34, en horario de oficina, ata o 30 de decembro de 2025, como data límite.

Calendario anual 2026

Entramos na recta final do ano e o Concello de Beade ponse mans á obra para realizar o calendario para o 2026.

Se tes fotos antigas do noso municipio e queres compartilas para ilustrar o almanaque, envíaas por correo electrónico a info@beade.es

Proxecto de enerxía fotovoltaica

Por medio da presente entrada procédese a dar publicidade á axuda económica solicitada polo Concello de Beade ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027 (DOG núm. 56 do 19/03/2024).

O Concello de Beade presentou un proxecto de instalación solar fotovoltaica de autoconsumo colectivo na cuberta do pavillón polideportivo municipal, cuxo investimento ascende aos 61.510,58 € (sen IVE) e para o que se concedeu unha axuda económica FEDER do 60% (44.572,77 €).