Novas

Subvención para mellora de servizos básicos en zonas rurais

Infórmase que, ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 19 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D), o Concello de Beade ven de ser beneficiario dunha axuda para as seguintes actuacións:

  • Rehabilitación de edificio multiusos: centro de formación, actividades culturais e de lecer, e de servizos para a valorización de produtos agrarios da zona, por un importe de 45.647,83 euros.
  • Creación de parque infantil inclusivo e zona de estancia interxeracional, por un importe de 49.876,80 euros.

As actuacións recollen axuda financeira da Unión, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Funtastik – Expourense 2026

Infórmase que o Concello de Beade conta con 10 entradas de agasallo para acudir a Funtastik, en Expourense, entre o 2 e o 12 de outubro de 2026. Os interesados deberán solicitalas a través do teléfono do Concello (988 480 034).

Axudas para libros e material escolar para o curso 2026/2027

Continuando coa labor de axuda aos veciños de Beade nestes tempos de crise e dificultade económica, o Concello de Beade ven de aprobar a concesión de axudas económicas para a compra de libros e material escolar por importe de 30 € para todos os veciños que este novo curso académico 2026-2027 estean matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil ou nalgún curso de Educación Primaria ou Secundaria.

Para elo, ábrese un prazo dende o luns 21 de setembro ata o venres 2 de outubro de 2026 para que as persoas interesadas e que cumpran cos requisitos establecidos poidan solicitar a citada axuda.

O impreso de solicitude, dispoñible nas oficinas municipais e páxina web do Concello, deberá ser entregado no prazo sinalado no Concello coa documentación que se establece no mesmo.

Xunto coa solicitude, deberá presentarse a respectiva factura de compra do material escolar, a nome do beneficiario e que especifique o material adquirido, a efectos de proceder ao pago. A fin de apoiar ao comercio local, as facturas admisibles deberán ser dalgunha das tres librarías de Ribadavia adscritas a esta axuda: Goyma, Mato e Follas Novas.

Modelo solicitude pdf

Oferta de emprego 2025 de Beade

Adxúntase extracto do BOE de 8 de xullo de 2026 no que se convoca unha praza de administrativo/a con funcións informáticas da agrupación de Concellos de Arnoia e Beade: click aquí.

Aviso fitosanitario 2026

Dende o mes de maio, a Consellería do Medio Rural realiza o seguimento da evolución de Scaphoideus titanus, insecto vector da flavescencia dourada da vide, no marco do Plan de
control e erradicación desta enfermidade en Galicia.

Na actualidade, as ninfas atópanse no seu estado máis avanzado de desenvolvemento, polo que se considera o momento máis axeitado para a aplicación dos tratamentos insecticidas.

Neste contexto, establécese o inicio dos tratamentos fitosanitarios, que son OBRIGATORIOS na zona demarcada e RECOMENDADOS nas zonas vitícolas limítrofes, co obxectivo de reducir a poboación do vector e evitar a súa dispersión (Artigo 4.b da Resolución do 9 de novembro de 2023)

Información completa: aquí.

IV edición “O viño, un compañeiro de vida”

O próximo sábado 16 de maio terá lugar no entorno da Igrexa do San Roque de Beade (Ourense) a IV edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”, no que se poderán degustar viños da D.O. Ribeiro das diversas bodegas de Beade. Ademais, ofrecéronse variados produtos gastronómicos e amenizaron o acto Yolanda Vázquez, Fede Pérez, Os Tarabelos Poetas e Soul & Roll.

Esta actividade conta cunha subvención do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) no marco das subvencións para a financiación de accións de promoción de produtos propios de Ourense realizadas por Concellos da Provincia de Ourense durante o ano 2026.