Clases de ximnasia de mantemento e mobilidade
O Concello de Beade organizará clases de ximnasia de mantemento e mobilidade no pavillón polideportivo.
A actividade terá unha duración de 9 meses, durante os cales haberá clases todos os venres de cada semana, de 11 a 12 h.
Os principais destinatarios da actividade son as persoas maiores do pobo, aínda que se anima a participar a veciños de calquera idade e condición física.
O custo das clases será de 45€ (pagamento único) e a súa realización estará condicionada á existencia dun mínimo de inscricións, polo que se roga que as persoas interesadas se poñan en contacto co Concello (presencial, teléfono ou correo electrónico) para manifestar o seu interese en participar e que se poida iniciar a actividade o máis axiña posible.