Saúdo do alcalde

Para min é un pracer podervos dar a benvida a esta páxina web, que pretende ser non só un espazo virtual de información, diálogo e punto de encontro entre todos os veciños de Beade, senón que ten a vocación de ser o escaparate do noso concello e da nosa xente cara ao mundo.

Hoxe en día, onde a globalización afecta a todos os ámbitos da vida, e mais aos medios de comunicación, un municipio como o noso non pode dar as costas a esta realidade e ten que ter unha xanela aberta pola que interactúe a tradición e a modernidade, o traveso do coñecemento mútuo. Con elo gañaremos todos, a administración e os cidadáns.

Desexo que esta páxina sexa un vínculo de unión para todos os veciños de Beade, aberta a calquera suxerencia ou iniciativa veciñal, e porta de acceso dos visitantes ao noso municipio.

Benvidos e grazas por visitarnos

Senén Pousa Soto