Subvención da Deputación de Ourense para organización de actividades físico-deportivas 2023

Infórmase que, de acordo coas bases reguladoras publicadas no BOP de Ourense do pasado 1 de setembro de 2023 para a concesión de subvencións a Concellos para a organización de actividades físico-deportivas en 2023, o Concello de Beade foi beneficiario dunha contía de 1.028 € para a organización do “campamento xove de actividades físico-deportivas 2023”.