Axudas para libros e material escolar para o curso 2023/2024

Continuando coa labor de axuda aos veciños de Beade nestes tempos de crise e dificultade económica, o Concello de Beade ven de aprobar a concesión de axudas económicas para a compra de libros e material escolar por importe de 30€ para todos os veciños que este novo curso académico 2023-2024 estean matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil ou nalgún curso de Educación Primaria ou Secundaria.

Para elo, ábrese un prazo dende o venres 15 de setembro ata o luns 2 de outubro de 2023 para que as persoas interesadas e que cumpran cos requisitos establecidos poidan solicitar a citada axuda.

O impreso de solicitude, dispoñible nas oficinas municipais e páxina web do Concello, deberá ser entregado no prazo sinalado no Concello coa documentación que se establece no impreso.

Xunto coa solicitude, deberá presentarse a respectiva factura de compra do material escolar, a nome do beneficiario e que especifique o material adquirido, a efectos de proceder ao pago. A fin de apoiar ao comercio local, as facturas admisibles deberán ser dalgunha das tres librarías de Ribadavia adscritas a esta axuda: Goyma, Mato e Follas Novas.

Bando informativo

Modelo de solicitude