Mellora do abastecemento no núcleo de Beade
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Augas de Galicia), ao través da Resolución do 12 marzo de 2021, de axudas a concellos destinadas a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, para o ano 2021, ven de conceder unha axuda de 37.694,52 euros para a execución do proxecto “mellora do abastecemento no núcleo de Beade”.
Esta subvención, que conta con fondos FEDER, consiste en obras de substitución de conduccións e válvulas deterioradas, coa finalidade de mellorar a rede de abastecemento e evitar perdas de presión na rede.