Programa Benestar en Balnearios – Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia volve a poñer en marcha o programa de Benestar en Balnearios, unha experiencia de lecer e saúde destinada aos maiores de Galicia. Por elo, o Concello de Beade pretende dar a coñecer esta iniciativa e poñerse ao dispor dos seus veciños e veciñas para axudalos na súa tramitación, a través da traballadora social, dispoñible no Concello todos os martes de cada semana de 8:30 a 14:30 h.

En que consiste? Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 16 balnearios de Galicia en varias quendas, entre 22 de outubro e o 31 de decembro de 2023.

A quen vai dirixido? Maiores de 60 anos (ou maior de 55 en condición de pensionista) e acompañante, se se desexa (pódense solicitar 2 prazas máximo por persoa).

Cal é o prazo de inscrición? Do 19 de setembro ao 18 de outubro de 2023, ambos incluídos.

Como e onde se solicita a praza?

  • Online: tramitación en liña na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A).
  • Presencial: en calquera rexistro oficial da Xunta de Galicia, así como en calquera oficina de Correos presentando a solicitude impresa.
  • Axuda na tramitación a veciños do Concello de Beade: os martes, no Concello, a través da traballadora social (de 8:30 a 14:30 h.).

Posibles acompañantes:

  • Acompañante xeral: cónxuge de calquera idade, ou persoa distinta do conxuge que cumpla o requisito de idade, é dicir, maior de 60 ou de 55 se é pensionista.
  • Fillo/a con dependencia: que teña recoñecido un mínimo do 33% de dependencia.

Cal é o custo? Establécese unha tarifa fixa por estadía completa que varía en función do establecemento termal escollido (consultar documento adxunto). A Xunta de Galicia financia ao redor dun 40% do custo total.

Como confirmar a reserva? Tan pronto se reciba confirmación oficial da concesión da praza, contactarase co balneario escollido directamente para seleccionar a quenda de interese, e depositar 30€ en concepto de reserva. O importe restante abonarase á chegada ó establecemento.

DOCUMENTOS:

Orde da convocatoria

Solicitude

Solicitude de acompañante xeral

Solicitude acompañante – fillo/a dependente

Establecementos balnearios, indicacións terapéuticas, quendas e prezos. Baremo