Aprazamento de “O viño, un compañeiro de vida”
Por cuestións climatolóxicas, infórmase do aprazamento da II edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”. Nos próximos días informarase de nova data na que se programará a actividade.
Por cuestións climatolóxicas, infórmase do aprazamento da II edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”. Nos próximos días informarase de nova data na que se programará a actividade.
Infórmase que, durante a Semana Santa do ano 2024, a Igrexa do San Roque de Beade poderá visitarse dende o mércores pola tarde ata o domingo pola mañá, ambos inclusive. O horario de mañá será de 10:00 a 13:00 horas, mentres que o de tarde abarcará dende as 15:30 ata as 20:00.
Do mesmo xeito, infórmase que as misas e procesións terán lugar o xoves e venres santos, días 28 e 29 de marzo, a partir das 19:30 horas.

Infórmase de que xa está aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Semana Santa do Concello de Beade, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
As actividades terán lugar os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril, de 9:00 a 14:00 horas.
O prezo é de 16 euros e as inscricións poderán realizarse ata o día 20 de marzo, presencialmente no Concello ou a través do teléfono 988 48 00 34.
O obxectivo destas clases de IOGA INTEGRAL é que experimentes CALMA, ALEGRIA e BENESTAR.
A través da práctica obterás: redución do ruído mental – alivio de tensións e estrés – aumento de forza e flexibilidade – mellorar o soño e a dixestión – adestrar o foco e o gozar do momento presente.
Ademais, irás incorporando ferramentas que poderás aplicar na túa día a día para sentirche mellor!
Traballaremos con Asanas (posturas) e Pranayamas (exercicios de respiración) desde un enfoque dinámico e terapéutico. E cada etapa da clase estaranos a preparar para a meditación.
Vémonos na esterilla!!
Adxúntase en pdf información relativa ao programa da Deputación de Ourense contra a soidade non desexada consistente no desenvolvemento de relacións interpersoais e envellecemento activo a través de actividades termais en grupo unha vez á semana dirixidas por un monitor especializado, para todos os veciños que poidan estar interesados.
Infórmase que, de acordo coas bases reguladoras publicadas no BOP de Ourense do pasado 1 de setembro de 2023 para a concesión de subvencións a Concellos para a organización de actividades físico-deportivas en 2023, o Concello de Beade foi beneficiario dunha contía de 1.028 € para a organización do “campamento xove de actividades físico-deportivas 2023”.
Para xeral coñecemento, adxúntanse en pdf as bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo/a de administración especial, con funcións informáticas, da Agrupación de Concellos Arnoia-Beade, en calidade de funcionario/a interino/a, polo sistema de concurso-oposición.
Bases xerais e específicas – administrativo interino – galego
Tras considerar informes xurídicos ao respecto, infórmase que a Alcaldía do Concello de Beade decidiu suspender a consulta popular respecto ao cambio de nome da Rúa Caudillo. Estanse estudando alternativas para poder coñecer a opinión da veciñanza seguindo os trámites legais oportunos.
O Concello de Beade acordou ceder a instalación do seu pavillón polideportivo para a práctica dunha novidosa actividade de patinaxe.
A realización da actividade está supeditada á presenza dun grupo de, polo menos, 10 persoas.
De existir un número mínimo de interesados, poderíase organizar unha xornada de portas abertas para probar a experiencia.
Para coñecer máis detalles ou inscribirse, contacten no teléfono 672 653 544.
ACTUALIZACIÓN: o próximo venres, 6 de outubro, terá lugar unha xornada de portas abertas para a proba da actividade, de 18:00 a 19:00 horas no pavillón.
A continuación, achégase un dossier informativo da empresa organizadora.
A actividade terá unha duración de 9 meses, durante os cales haberá clases todos os venres de cada semana, de 11 a 12 h.
Os principais destinatarios da actividade son as persoas maiores do pobo, aínda que se anima a participar a veciños de calquera idade e condición física.
O custo das clases será de 45€ (pagamento único) e a súa realización estará condicionada á existencia dun mínimo de inscricións, polo que se roga que as persoas interesadas se poñan en contacto co Concello (presencial, teléfono ou correo electrónico) para manifestar o seu interese en participar e que se poida iniciar a actividade o máis axiña posible.
En que consiste? Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 16 balnearios de Galicia en varias quendas, entre 22 de outubro e o 31 de decembro de 2023.
A quen vai dirixido? Maiores de 60 anos (ou maior de 55 en condición de pensionista) e acompañante, se se desexa (pódense solicitar 2 prazas máximo por persoa).
Cal é o prazo de inscrición? Do 19 de setembro ao 18 de outubro de 2023, ambos incluídos.
Como e onde se solicita a praza?
Posibles acompañantes:
Cal é o custo? Establécese unha tarifa fixa por estadía completa que varía en función do establecemento termal escollido (consultar documento adxunto). A Xunta de Galicia financia ao redor dun 40% do custo total.
Como confirmar a reserva? Tan pronto se reciba confirmación oficial da concesión da praza, contactarase co balneario escollido directamente para seleccionar a quenda de interese, e depositar 30€ en concepto de reserva. O importe restante abonarase á chegada ó establecemento.
DOCUMENTOS:
Solicitude de acompañante xeral
Solicitude acompañante – fillo/a dependente
Establecementos balnearios, indicacións terapéuticas, quendas e prezos. Baremo
Continuando coa labor de axuda aos veciños de Beade nestes tempos de crise e dificultade económica, o Concello de Beade ven de aprobar a concesión de axudas económicas para a compra de libros e material escolar por importe de 30€ para todos os veciños que este novo curso académico 2023-2024 estean matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil ou nalgún curso de Educación Primaria ou Secundaria.
Para elo, ábrese un prazo dende o venres 15 de setembro ata o luns 2 de outubro de 2023 para que as persoas interesadas e que cumpran cos requisitos establecidos poidan solicitar a citada axuda.
O impreso de solicitude, dispoñible nas oficinas municipais e páxina web do Concello, deberá ser entregado no prazo sinalado no Concello coa documentación que se establece no impreso.
Xunto coa solicitude, deberá presentarse a respectiva factura de compra do material escolar, a nome do beneficiario e que especifique o material adquirido, a efectos de proceder ao pago. A fin de apoiar ao comercio local, as facturas admisibles deberán ser dalgunha das tres librarías de Ribadavia adscritas a esta axuda: Goyma, Mato e Follas Novas.
Por Resolución do 28 de febreiro de 2023, pola que se aproba o Plan de mellora mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, o Concello de Beade ven de ser beneficiario dunha axuda para a execución da obra “Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024”, cun orzamento total de 41.852,74 euros, dos cales son subvencionados 35.675,00 euros.
![]()
O próximo domingo día 13 de agosto, a partir das 20:00 horas, terá lugar no entorno da Igrexa do San Roque de Beade (Ourense) o acto “O viño, un compañeiro de vida”, no que se poderán degustar os viños e vinagres das 7 bodegas do concello. Ademais, ofrecerase pulpo e amenizarán As Lerchas.
Será un pracer contar coa túa presencia neste acto simbólico de homenaxe ao viño organizado polo noso Concello coa colaboración da Deputación de Ourense e Xunta de Galicia.
Adxúntase cartel en pdf: cartel_acto_viño
Infórmase que, no periodo comprendido entre os días 10 e 16 de agosto de 2023, a médica habitual do Centro de Saúde de Beade estará de vacacións. Para suplir dita ausencia, a médica do Concello veciño de Leiro desprazarase ao noso Concello de 12 a 13 horas para atender as urxencias das persoas que, con cita previa, así o soliciten.
Moitas grazas pola comprensión e colaboración.
O Concello de Beade oferta un campamento de verán para nenos e nenas de 3 a 14 anos nos días 1 a 31 do mes de agosto (de luns a venres). O prezo será de 20€ por neno ou familia empadroada no Concello. As solicitudes deberán realizarse presencialmente no Concello ou a través do teléfono 988 48 00 34.
A continuación, móstrase un dossier en pdf con toda a información relativa ao campamento e a Mouxión S.L., empresa organizadora: