Novas
Enquisa NaturSmart
O medio rural e o sector forestal precisan a túa participación! O territorio ao que pertence o teu municipio forma parte do proxecto NATURSMART, onde traballamos pola conservación da biodiversidade e dos sistemas agroforestales, tecendo novas redes entre comunidades. Estamos denvolvendo unha enquisa e a túa opinión como habitante do territorio pode axudarnos moito.
Accede a esta ligazón e completa a enquisa: https://forms.office.com/e/ExCtcs313f
Por favor, se conoces a outras personas ligadas ao teu municipio pero que viven noutro lugar, difunde esta enquisa para que también podamos coñecer a súa opinión.
Moitas grazas.
GALICIA SABE AMAR
GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do mariqueo.
Neste 2024 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia. En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
Pola presente, comunicamos que o xoves 6 de decembro, unha das foodtrucks estarán no concello Beade no seguinte emprazamento: no Bar Campeón de 12:00 a 13:30 horas, no Bar Kuma de 13:45 a 15:00 horas, no Bar Celta de 19:00 a 20:30 horas e na Taberna de Rosaura de 20:45 a 22:00 horas.
Innovación cara a sustentabilidade no viñedo
Adxúntase en pdf información que pode ser de interese respecto a unha xornada de transferencia relativa á innovación nos viñedos.
Apoio ás familias afectadas polas inundacións
Adxúntase información de Cáritas que pode ser de interese para a veciñanza que desexe apoiar aos damnificados pola DANA.
Programa de Emprego do Concello de San Amaro 24/25
Adxúntase información de interese relativa ao Programa de Emprego do Concello de San Amaro 24/25:

Actividades de ximnasia e patinaxe
O Concello de Beade, en colaboración con Carrera Active, organiza as seguintes actividades de patinaxe e ximnasia para os veciños que puidesen estar interesados durante o curso 24/25:
Actividade de patinaxe:
A patinaxe, ademais de ser unha actividade de lecer divertida e saudable, axudarache no fortalecemento, tonificación corporal e activará o teu sistema circulatorio, sen esquecernos do equilibrio concentración, afina os nosos reflexos e mellora a autoestima. A actividade require que os asistentes conten con patíns en liña, proteccións e casco. Impartiranse clases todos os venres lectivos de 18:00 a 19:00 (grupo infantil) e de 19:00 a 20:00 horas (para familias). O prezo mensual é de 23 €.
Actividade de ximnasia:
Co paso dos anos, a masa muscular vaise perdendo e a súa capacidade aeróbica diminúe significativamente. Igualmente pasa coa flexibilidade do noso corpo, que acaba por provocarnos problemas de mobilidade. Para loitar contra estes avatares e ter unha maior calidade de vida, é importante realizar actividade física de maneira regular. A ximnasia de mantemento axuda a fortalecer os músculos, mellorar a capacidade cardiovascular, e previr o desenvolvemento de certas enfermidades.
As clases terán lugar todos os luns e mércores lectivos, en horario de 20:30 a 21:30 horas. O custo será de 20 ou 35 €/mes en función da asistencia a unha o dúas clases semanais, respectivamente.
Máis información: nos pdf que se adxuntan: actividade de ximnasia e actividade de patinaxe.
Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego
Facilítase información relativa ao Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego, a través do cal a veciñanza de Beade poderá acudir á obra “Terceiro Acto” o próximo día 17 de outubro. A actuación terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela, polo que se programará un autobús con hora de saída ás 15:50, dende a Casa do Concello, e con retorno ao mesmo lugar unha vez rematada a función. O prezo da entrada é de 5 €.
Para máis información, adxúntase cartel en pdf premendo aquí.
Axudas para libros e material escolar para o curso 2024/2025
Continuando coa labor de axuda aos veciños de Beade nestes tempos de crise e dificultade económica, o Concello de Beade ven de aprobar a concesión de axudas económicas para a compra de libros e material escolar por importe de 30 € para todos os veciños que este novo curso académico 2024-2025 estean matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil ou nalgún curso de Educación Primaria ou Secundaria.
Para elo, ábrese un prazo dende o venres 6 de setembro ata o luns 30 de setembro de 2024 para que as persoas interesadas e que cumpran cos requisitos establecidos poidan solicitar a citada axuda.
O impreso de solicitude, dispoñible nas oficinas municipais e páxina web do Concello, deberá ser entregado no prazo sinalado no Concello coa documentación que se establece no impreso.
Xunto coa solicitude, deberá presentarse a respectiva factura de compra do material escolar, a nome do beneficiario e que especifique o material adquirido, a efectos de proceder ao pago. A fin de apoiar ao comercio local, as facturas admisibles deberán ser dalgunha das tres librarías de Ribadavia adscritas a esta axuda: Goyma, Mato e Follas Novas.
II edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”
O próximo sábado, día 27 de xullo, a partir das 19:00 horas, terá lugar no entorno da Igrexa do San Roque de Beade (Ourense) a II edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”, no que se poderán degustar viños da D.O. Ribeiro das diversas bodegas de Beade, así como vinagres tamén autóctonos. Ademais, ofreceranse variados produtos gastronómicos e amenizarán o acto o humorista David Amor e a actuación de “Los lunes al sol”.
Esta actividade conta cunha subvención do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) no marco das subvencións para a financiación de accións de promoción de produtos propios de Ourense realizadas por Concellos da Provincia de Ourense durante o ano 2024.



Novo corte no subministro de auga
Infórmase que o vindeiro luns se retomarán os traballos de mantemento no tanque de auga da Chousa, polo que se producirán interrupcións no subministro a partir das 09:00 horas.
Cortes no subministro de auga
Infórmase que o próximo mércores, día 5 de xuño, realizaranse labores de mantemento no tanque de auga da Chousa, polo que se producirán cortes na subministración.
Subvención Kit Dixital
Adxúntase en pdf información en materia de subvencións para a creación de bens e servizos enogastronómicos (kit dixital)
Subvencións para primeira experiencia profesional de menores de 30 anos
Se adxunta en pdf información relativa a subvencións para primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos. Trátase dunha axuda convocada pola Consellería de Emprego da Xunta de Galicia e dirixida a persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
