Novas

Acto “O viño, un compañeiro de vida”

O próximo domingo día 13 de agosto, a partir das 20:00 horas, terá lugar no entorno da Igrexa do San Roque de Beade (Ourense) o acto “O viño, un compañeiro de vida”, no que se poderán degustar os viños e vinagres das 7 bodegas do concello. Ademais, ofrecerase pulpo e amenizarán As Lerchas.

Será un pracer contar coa túa presencia neste acto simbólico de homenaxe ao viño organizado polo noso Concello coa colaboración da Deputación de Ourense e Xunta de Galicia.

Adxúntase cartel en pdf: cartel_acto_viño

Información – Centro de Saúde – mes de agosto

Infórmase que, no periodo comprendido entre os días 10 e 16 de agosto de 2023, a médica habitual do Centro de Saúde de Beade estará de vacacións. Para suplir dita ausencia, a médica do Concello veciño de Leiro desprazarase ao noso Concello de 12 a 13 horas para atender as urxencias das persoas que, con cita previa, así o soliciten.

Moitas grazas pola comprensión e colaboración.

Campamento de verán de Beade 2023

O Concello de Beade oferta un campamento de verán para nenos e nenas de 3 a 14 anos nos días 1 a 31 do mes de agosto (de luns a venres). O prezo será de 20€ por neno ou familia empadroada no Concello. As solicitudes deberán realizarse presencialmente no Concello ou a través do teléfono 988 48 00 34.

A continuación, móstrase un dossier en pdf con toda a información relativa ao campamento e a Mouxión S.L., empresa organizadora:

CartelCampamento2023

Dossier Campamento Beade 2023

Mellora do abastecemento no núcleo de Beade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Augas de Galicia), ao través da Resolución do 12 marzo de 2021, de axudas a concellos destinadas a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, para o ano 2021, ven de conceder unha axuda de 37.694,52 euros para a execución do proxecto “mellora do abastecemento no núcleo de Beade”.

Esta subvención, que conta con fondos FEDER, consiste en obras de substitución de conduccións e válvulas deterioradas, coa finalidade de mellorar a rede de abastecemento e evitar perdas de presión na rede.

Mellora do saneamento no núcleo de Beade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Augas de Galicia), ao través da Resolución do 12 marzo de 2021, de axudas a concellos destinadas a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, para o ano 2021, ven de conceder unha axuda de 37.990,81 € euros para a execución do proxecto “mellora do seneamento no núcleo de Beade”.

Esta subvención, que conta con fondos FEDER, consiste na substitución de canalóns e pozos en mal estado, coa finalidade de mellorar o funcionamento da rede.

Subvencion da Deputacion de Ourense para o día do Deporte 2018

Ao traveso das bases reguladoras de concurso de subvencións á concellos e mancomunidades para actividades físico-deportivas no ano 2018, a Deputación Provincial de Ourense concedeu unha axuda ao concello de Beade para a organización do Día do Deporte, que englobou diversas actividades deportivas e de xogos tradicionais para os veciños do municipio.

 

Proxecto de mellora da eficiencia

 

Proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado público exterior do concello de Beade.

Por resolución do Director Xeral do IDAE de 20/09/2018 concedeuse axuda ao abeiro do RD 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, por un importe de 114.980,00 euros.

A actuación que conta co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenrolo Rexional (FEDER) consiste na renovación das instalacións de alumeado en 262 puntos de luz, substituindo as luminarias de vapor de sodio por tecnoloxía led, así como actuando en cinco cadros de mando. Producirase un aforro enerxético do 65%.

NOVO HORARIO DA ASISTENTE SOCIAL NO CONCELLO DE BEADE

A partires do día 22 de maio o novo horario de atención ao público da Asistente Social da Mancomunidade do Ribeiro no concello de Beade será:

Os martes de 9:00 a 13:00 horas.

Lembrar que o resto dos días pódese persoarse na sede da Mancomunidade do Ribeiro sita nos Fondais de Beade.

Taller de Risoterapia e Antiestrés

Dentro do programa “Envellecendo en Ourense, Envellecendo en Positivo” terá lugar un taller de risoterapia partir do XX/XX, todos os mércores as 19:30 no propio Concello de Beade.

A cargo de Risaplus.

Apertura de prazo de solicitudes na Casa Niño Arrolos para o curso 2018/2019

Aberto prazo de solicitude de matrícula para o curso escolar 2018/2019 na casa niño Arrolos de Beade. O periodo abranguerá do día 1 ao 15 (ambos incluídos) de Marzo de 2018.

Requisitos para optar a unha praza na casa niño (Art. 2 da Orde do 6 de Maio):

  • Estar empadroado/a no Concello de Beade ou nun limítrofe onde non existan recursos de atención á infancia de ata tres anos de idade.
  • Ter unha idade comprendida entre os 3 meses e os 3 anos.

No suposto de que haxa unha demanda de prazas superior ás que se ofertan, a admisión efectuarase en primeiro lugar en función do empadroamento no concello e, de ser aínda necesario, segundo criterios de renda, de acordo co baremo e puntuación establecido no anexo VII da ORde do 6 de Maio.

Consultas, presentación de solicitudes e documentación na propia casa niño ( rúa Porriñeira, 4 (antiga escola) ) en horario de 8:30-16:30 de luns a vernes.

Nota: Os/as nenos/as matriculados no curso 2017/2018 (sempre que reúnan os requisitos de acceso que deron lugar á obteción da praza) terán prioridade de renovación frente a nenos/as de novo ingreso.

Subvención de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O concello de Beade recibiu notificación da concesión dunha subvención ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatorio de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico extraordinario de investimentos destinado á mellora de infraestructuras e equipamentos nos concellos de Galicia.

O concello solicitou axuda para a “Mellora da rede de saneamento en Beade” por unha cantidade de 35.468,18 euros, sendo a subvención concedida de 29.312,55 euros.

As obras  executaránse segundo o anteproxecto aprobado.