Subvención da Deputación Provincial para Actividades Culturais e Recreativas.
A Deputación Provincial de Ourense ven de subvencionar ao concello cunha axuda de 919,09 euros para a organización de actividades culturais e recreativas ao longo do ano 2018, dentro do concurso público de concesión de axudas a concellos por parte de ente provincial.