Subvención de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
O concello de Beade recibiu notificación da concesión dunha subvención ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatorio de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico extraordinario de investimentos destinado á mellora de infraestructuras e equipamentos nos concellos de Galicia.
O concello solicitou axuda para a “Mellora da rede de saneamento en Beade” por unha cantidade de 35.468,18 euros, sendo a subvención concedida de 29.312,55 euros.
As obras executaránse segundo o anteproxecto aprobado.