Actividades de ximnasia e patinaxe

O Concello de Beade, en colaboración con Carrera Active, organiza as seguintes actividades de patinaxe e ximnasia para os veciños que puidesen estar interesados durante o curso 24/25:

Actividade de patinaxe:

A patinaxe, ademais de ser unha actividade de lecer divertida e saudable, axudarache no fortalecemento, tonificación corporal e activará o teu sistema circulatorio, sen esquecernos do equilibrio concentración, afina os nosos reflexos e mellora a autoestima. A actividade require que os asistentes conten con patíns en liña, proteccións e casco. Impartiranse clases todos os venres lectivos de 18:00 a 19:00 (grupo infantil) e de 19:00 a 20:00 horas (para familias). O prezo mensual é de 23 €.

Actividade de ximnasia:

Co paso dos anos, a masa muscular vaise perdendo e a súa capacidade aeróbica diminúe significativamente. Igualmente pasa coa flexibilidade do noso corpo, que acaba por provocarnos problemas de mobilidade. Para loitar contra estes avatares e ter unha maior calidade de vida, é importante realizar actividade física de maneira regular. A ximnasia de mantemento axuda a fortalecer os músculos, mellorar a capacidade cardiovascular, e previr o desenvolvemento de certas enfermidades.

As clases terán lugar todos os luns e mércores lectivos, en horario de 20:30 a 21:30 horas. O custo será de 20 ou 35 €/mes en función da asistencia a unha o dúas clases semanais, respectivamente.

Máis información: nos pdf que se adxuntan: actividade de ximnasia e actividade de patinaxe.