Novas

Oficina de axuda polos incendios forestais

Desde a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense informan, no marco das medidas impulsadas pola Xunta de Galicia para paliar os danos derivados dos recentes incendios forestais, que procederase á instalación dunha oficina de atención e xestión destas axudas na contorna do Ribeiro, destinada a facilitar a tramitación e xestión das axudas aprobadas polo Consello da Xunta.

Este servizo será para información, aesoramento e tramitación das diversas axudas aprobadas derivadas dos incendios forestais, garantindo unha atención próxima e áxil ás persoas afectadas.

A oficina situarase na Oficina Agraria, na Avenida Redondela, 3, 1º, de Ribadavia, e entrará en funcionamento o luns, día 1 de setembro de 2025.

III edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”

O sábado 26 de xullo, a partir das 19:00 horas, tivo lugar no entorno da Igrexa do San Roque de Beade (Ourense) a III edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”, no que se poideron degustar viños da D.O. Ribeiro das diversas bodegas de Beade, así como vinagres tamén autóctonos. Ademais, ofrecéronse variados produtos gastronómicos e amenizaron o acto o humorista Pepo Suevos e as actuacións de “Amorodous” e “Tarabelos Poetas”.

Esta actividade contou cunha subvención do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) no marco das subvencións para a financiación de accións de promoción de produtos propios de Ourense realizadas por Concellos da Provincia de Ourense durante o ano 2025.

Subvención para minimizar as perdas de auga en Concellos de Galicia

Ao abeiro da Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- Next generation EU, e se procede para a súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual, o Concello de Beade foi subvencionado con 35.821,11 € para a actuación: “Actuacións para minimizar as perdas de auga na rede de abastecemento no núcleo de Beade”.

Campamento de verán 2025

O Concello de Beade ven de ser beneficiario dunha axuda de 5.120,80 euros para a realización do campamento de verán de 2025 nos meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro. A citada subvención percibiuse ao abeiro da resolución de 21 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica a Resolución do 20 de maio de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 3 de xaneiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025. A actividade do Plan Corresponsables atópase financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025

Por Resolución do 19 de decembro de 2023, pola que se aproba o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), ao amparo do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020, o Concello de Beade ven de ser beneficiario dunha axuda para a execución da obra “Mellora de camiños municipais no Concello de Beade”, cun orzamento total de 36.682,74 euros, dos cales son subvencionados 31.516,23 euros.

Xornadas divulgativas 2025

Adxúntase información sobre xornadas divulgativas en relación á remuda xeracional, ferramentas para afrontar os retos do sector do comercio e facturación electrónica. Terán lugar o próximo 15 de maio, ás 20:00 horas, no Hotel Arenteiro de Carballiño.

Letras Galegas 2025

Infórmase que, con motivo do Día das Letras Galegas, o vindeiro sábado, 17 de maio, terá lugar na praza do pobo, a partir das 13:00 horas, un acto conmemorativo do citado día.

Erradicación da flavescencia dourada como utilidade pública

Adxúntase Decreto 29/2025, do 7 de abril, da Consellería de Medio Rural polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena flavescencia dourada da viña (Grapevine flavescence dorée phytoplasma) en Galicia e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación: ligazón.

Programa de compostaxe doméstica

Infórmase que o Concello de Beade, en colaboración con Sogama, ven de ampliar o programa de compostaxe doméstica. Trátase da cesión de 25 composteiros entregados por Sogama, que teñen como finalidade estender as prácticas de autocomopostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Toda persoa interesada deberá pasar polas dependencias municipais para proceder á retirada dos mesmos.

Reunión flavescencia dourada

Infórmase que o vindeiro mércores, 2 de abril de 2025, ás 20:00 horas, terá lugar unha reunión no Concello de Beade para tratar o tema da flavescencia dourada. En caso de existir un gran número de asistentes, a reunión trasladarase ás escolas.