Campamento de verán 2025

O Concello de Beade ven de ser beneficiario dunha axuda de 5.120,80 euros para a realización do campamento de verán de 2025 nos meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro. A citada subvención percibiuse ao abeiro da resolución de 21 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica a Resolución do 20 de maio de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 3 de xaneiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025. A actividade do Plan Corresponsables atópase financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España.