Novas

Programa de compostaxe doméstica

Infórmase que o Concello de Beade, en colaboración con Sogama, ven de ampliar o programa de compostaxe doméstica. Trátase da cesión de 25 composteiros entregados por Sogama, que teñen como finalidade estender as prácticas de autocomopostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Toda persoa interesada deberá pasar polas dependencias municipais para proceder á retirada dos mesmos.

Reunión flavescencia dourada

Infórmase que o vindeiro mércores, 2 de abril de 2025, ás 20:00 horas, terá lugar unha reunión no Concello de Beade para tratar o tema da flavescencia dourada. En caso de existir un gran número de asistentes, a reunión trasladarase ás escolas.

Enquisa NaturSmart

O medio rural e o sector forestal precisan a túa participación! O territorio ao que pertence o teu municipio forma parte do proxecto NATURSMART, onde traballamos pola conservación da biodiversidade e dos sistemas agroforestales, tecendo novas redes entre comunidades. Estamos denvolvendo unha enquisa e a túa opinión como habitante do territorio pode axudarnos moito.

Accede a esta ligazón e completa a enquisa: https://forms.office.com/e/ExCtcs313f

Por favor, se conoces a outras personas ligadas ao teu municipio pero que viven noutro lugar, difunde esta enquisa para que también podamos coñecer a súa opinión.

Moitas grazas.

GALICIA SABE AMAR

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do mariqueo.

Neste 2024 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia. En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Pola presente, comunicamos que o xoves 6 de decembro, unha das foodtrucks estarán no concello Beade no seguinte emprazamento: no Bar Campeón de 12:00 a 13:30 horas, no Bar Kuma de 13:45 a 15:00 horas, no Bar Celta de 19:00 a 20:30 horas e na Taberna de Rosaura de 20:45 a 22:00 horas.

Actividades de ximnasia e patinaxe

O Concello de Beade, en colaboración con Carrera Active, organiza as seguintes actividades de patinaxe e ximnasia para os veciños que puidesen estar interesados durante o curso 24/25:

Actividade de patinaxe:

A patinaxe, ademais de ser unha actividade de lecer divertida e saudable, axudarache no fortalecemento, tonificación corporal e activará o teu sistema circulatorio, sen esquecernos do equilibrio concentración, afina os nosos reflexos e mellora a autoestima. A actividade require que os asistentes conten con patíns en liña, proteccións e casco. Impartiranse clases todos os venres lectivos de 18:00 a 19:00 (grupo infantil) e de 19:00 a 20:00 horas (para familias). O prezo mensual é de 23 €.

Actividade de ximnasia:

Co paso dos anos, a masa muscular vaise perdendo e a súa capacidade aeróbica diminúe significativamente. Igualmente pasa coa flexibilidade do noso corpo, que acaba por provocarnos problemas de mobilidade. Para loitar contra estes avatares e ter unha maior calidade de vida, é importante realizar actividade física de maneira regular. A ximnasia de mantemento axuda a fortalecer os músculos, mellorar a capacidade cardiovascular, e previr o desenvolvemento de certas enfermidades.

As clases terán lugar todos os luns e mércores lectivos, en horario de 20:30 a 21:30 horas. O custo será de 20 ou 35 €/mes en función da asistencia a unha o dúas clases semanais, respectivamente.

Máis información: nos pdf que se adxuntan: actividade de ximnasia e actividade de patinaxe.

Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego

Facilítase información relativa ao Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego, a través do cal a veciñanza de Beade poderá acudir á obra “Terceiro Acto” o próximo día 17 de outubro. A actuación terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela, polo que se programará un autobús con hora de saída ás 15:50, dende a Casa do Concello, e con retorno ao mesmo lugar unha vez rematada a función. O prezo da entrada é de 5 €.

Para máis información, adxúntase cartel en pdf premendo aquí.

Axudas para libros e material escolar para o curso 2024/2025

Continuando coa labor de axuda aos veciños de Beade nestes tempos de crise e dificultade económica, o Concello de Beade ven de aprobar a concesión de axudas económicas para a compra de libros e material escolar por importe de 30 € para todos os veciños que este novo curso académico 2024-2025 estean matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil ou nalgún curso de Educación Primaria ou Secundaria.

Para elo, ábrese un prazo dende o venres 6 de setembro ata o luns 30 de setembro de 2024 para que as persoas interesadas e que cumpran cos requisitos establecidos poidan solicitar a citada axuda.

O impreso de solicitude, dispoñible nas oficinas municipais e páxina web do Concello, deberá ser entregado no prazo sinalado no Concello coa documentación que se establece no impreso.

Xunto coa solicitude, deberá presentarse a respectiva factura de compra do material escolar, a nome do beneficiario e que especifique o material adquirido, a efectos de proceder ao pago. A fin de apoiar ao comercio local, as facturas admisibles deberán ser dalgunha das tres librarías de Ribadavia adscritas a esta axuda: Goyma, Mato e Follas Novas.

Bando informativo

Modelo de solicitude

II edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”

O próximo sábado, día 27 de xullo, a partir das 19:00 horas, terá lugar no entorno da Igrexa do San Roque de Beade (Ourense) a II edición do acto “O viño, un compañeiro de vida”, no que se poderán degustar viños da D.O. Ribeiro das diversas bodegas de Beade, así como vinagres tamén autóctonos. Ademais, ofreceranse variados produtos gastronómicos e amenizarán o acto o humorista David Amor e a actuación de “Los lunes al sol”.

Esta actividade conta cunha subvención do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) no marco das subvencións para a financiación de accións de promoción de produtos propios de Ourense realizadas por Concellos da Provincia de Ourense durante o ano 2024.