Subvención para mellora de servizos básicos en zonas rurais
Infórmase que, ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 19 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D), o Concello de Beade ven de ser beneficiario dunha axuda para as seguintes actuacións:
- Rehabilitación de edificio multiusos: centro de formación, actividades culturais e de lecer, e de servizos para a valorización de produtos agrarios da zona, por un importe de 45.647,83 euros.
- Creación de parque infantil inclusivo e zona de estancia interxeracional, por un importe de 49.876,80 euros.
As actuacións recollen axuda financeira da Unión, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
