Novas

Xornadas divulgativas 2025

Adxúntase información sobre xornadas divulgativas en relación á remuda xeracional, ferramentas para afrontar os retos do sector do comercio e facturación electrónica. Terán lugar o próximo 15 de maio, ás 20:00 horas, no Hotel Arenteiro de Carballiño.

Letras Galegas 2025

Infórmase que, con motivo do Día das Letras Galegas, o vindeiro sábado, 17 de maio, terá lugar na praza do pobo, a partir das 13:00 horas, un acto conmemorativo do citado día.

Erradicación da flavescencia dourada como utilidade pública

Adxúntase Decreto 29/2025, do 7 de abril, da Consellería de Medio Rural polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena flavescencia dourada da viña (Grapevine flavescence dorée phytoplasma) en Galicia e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación: ligazón.

Programa de compostaxe doméstica

Infórmase que o Concello de Beade, en colaboración con Sogama, ven de ampliar o programa de compostaxe doméstica. Trátase da cesión de 25 composteiros entregados por Sogama, que teñen como finalidade estender as prácticas de autocomopostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Toda persoa interesada deberá pasar polas dependencias municipais para proceder á retirada dos mesmos.

Reunión flavescencia dourada

Infórmase que o vindeiro mércores, 2 de abril de 2025, ás 20:00 horas, terá lugar unha reunión no Concello de Beade para tratar o tema da flavescencia dourada. En caso de existir un gran número de asistentes, a reunión trasladarase ás escolas.

Enquisa NaturSmart

O medio rural e o sector forestal precisan a túa participación! O territorio ao que pertence o teu municipio forma parte do proxecto NATURSMART, onde traballamos pola conservación da biodiversidade e dos sistemas agroforestales, tecendo novas redes entre comunidades. Estamos denvolvendo unha enquisa e a túa opinión como habitante do territorio pode axudarnos moito.

Accede a esta ligazón e completa a enquisa: https://forms.office.com/e/ExCtcs313f

Por favor, se conoces a outras personas ligadas ao teu municipio pero que viven noutro lugar, difunde esta enquisa para que también podamos coñecer a súa opinión.

Moitas grazas.

GALICIA SABE AMAR

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do mariqueo.

Neste 2024 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia. En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Pola presente, comunicamos que o xoves 6 de decembro, unha das foodtrucks estarán no concello Beade no seguinte emprazamento: no Bar Campeón de 12:00 a 13:30 horas, no Bar Kuma de 13:45 a 15:00 horas, no Bar Celta de 19:00 a 20:30 horas e na Taberna de Rosaura de 20:45 a 22:00 horas.