Axudas a particulares para corrección de impactos paisaxísticos
A presente nova ten por obexecto informar da nova convocatoria de axudas a particulares da Xunta de Galicia para a CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS (MT402A).
A axuda cobre o 70% do investimento a realizar, cun máximo de 3.000 € por solicitude, polo que o veciño que desexe obter esa cantidade máxima deberá realizar un proxecto de 4.285,71 €, dos cales deberá aportar 1.285,71 €.
Trátase dunha oportunidade única para pequenos arranxos que poderán cambiar por completo a imaxe do pobo. Pódense arranxar fachadas (revestimento e pintura con cores que respecten a contorna), tellados (substituír materiais non axeitados, como o fibrocemento ou chapas, por tella ou materiais tradicionais), muros e peches (rematar eses muros de bloque que quedaron sen cubrir con pedra ou revestimento adecuado)… ou facer unha limpeza visual (retirar elementos vellos que afeen a vivenda, como antenas en desuso ou cables).
As axudas concédense por orde de entrada ata esgotar o orzamento, polo que se recomenda realizar a solicitude o antes posible. O prazo comeza o vindeiro venres, 16 de xaneiro de 2026, ás 12:00 horas, e remata o día 16 de febreiro.
Para poder solicitar correctamente a axuda, requírese ser propietario ou usufrutuario do inmoble ou terreo, presentar a solicitude por vía electrónica (é preciso Chave365 ou certificado dixital), acreditar a actuación con fotos do estado actual e realizar unha memoria sinxela co orzamento.
En caso de dúbida sobre como tramitar a axuda ou presentar a documentación, ofrecerase apoio dende o Concello de Beade.
Adxúntase a orde da convocatoria en pdf: Impactos paisaxísticos 2026 particulares