Subvención para minimizar as perdas de auga en Concellos de Galicia
Ao abeiro da Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- Next generation EU, e se procede para a súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual, o Concello de Beade foi subvencionado con 35.821,11 € para a actuación: «Actuacións para minimizar as perdas de auga na rede de abastecemento no núcleo de Beade”.