Turismo / Patrimonio

Ainda que a altitude media do conxunto do municipio non supera os 160 metros sobre o nivel do mar, o relevo de Beade non é homoxéneo.


Así, na metade occidental o terreo é relativamente montañoso, con pequenas elevacións redondeadas non superiores ós 308 metros de altitude, que se fan visibles sobre todo na parroquia de Regadas.


Sen embargo, a metade oriental, sobre a que se extende a parroquia de Beade, presenta una topografía menos accidentada, que se aplana a medida que nos adentramos nas terras de val drenadas polo río Avia, que bordea o municipio polo este. Este río, xunto co arroio de Signadas, que flue o interior e marca o límite con Carballeda de Avia, regan o termo municipal. O clima presenta as mesmas características de calor e sequedade relativa que o resto do val.


Destaca en canto á edificación relixiosa no Concello de Beade a igrexa parroquial de Santa María de Beade, que conforma o edificio relixioso de maior importancia de todo o Ribeiro, xa que contén restos arquitectónicos que van dende o románico ata a nosa época. Sobresae tamén neste templo a súa alta torre con dobre balconada e a súa fachada-retablo. No seu interior hai importantes retablos de Francisco Moure. Porén, o máis sobresaliente do conxunto é o seu viacrucis, que comeza no adro da igrexa e remata na inmediata capela de San Roque. A rectoral é de estilo gótico - plateresco.


En canto á edificación civil cabe destacar distintas casas ou pazos que se conservan no concello. Destacan o de Lamigueiro, que ten unha grande pedra de armas; o de Pateira, rodeado de muralla cun gran portalón e unha torre, e o da familia Ojea, situado no lugar de Oliveira, que se caracteriza por ter unha monumental cheminea.

Caudillo, s/n - Beade - Ourense - 32431 - Tel.: 988 480 034 - Fax: 988 480 075 - info@beade.es