Trámites / Solicitudes / Urbanismo

Informe urbanístico

A información urbanística é o informe por escrito que expide o Concello, por pedimento do interesado, sobre o réxime urbanístico aplicable a un predio, unidade de actuación ou sector. É recomendable pedila antes de adquirir un predio ou presentar un proxecto de obra para solicitar licenza urbanística.

Dirixido a:

  • Persoas físicas ou xurídicas, e entidades que realicen calquera construcción, instalación ou obra.
  • A solicitude debe presentarse en modelo normalizado.
  • A INFORMACIÓN URBANÍSTICA NON TEN CARÁCTER VENCELLANTE.

Documentación a aportar:

  • Solicitude.
  • Fotocopia do documento de identidade do solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
  • Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou casa.

Taxas:

  • Exento de taxas

Lugar de presentación da solicitude:

  • Concello de Beade, Casa do Concello – Rúa Caudillo, 2, 32431 - Beade Tel.: 988480034 - Fax: 988480075
  • Por correo.

Impresos da solicitude:

Caudillo, s/n - Beade - Ourense - 32431 - Tel.: 988 480 034 - Fax: 988 480 075 - info@beade.es